Pusilánime

  • Autor: Mario Caneiro Ameneiros
  • Editora: Rinoceronte Editora
Experimente 30 dias Grátis Promoção válida para novos usuários. Após 30 dias, será cobrado valor integral. Cancele quando quiser.

Sinopse

Pusilánime constrúese como un diálogo entre dúas voces: a dunha muller do barrio, que relata desde a disociación unha vida marcada pola violencia, o silencio e un trauma sexual non recoñecido; e a dun escritor que, ao reencontrarse cunha vella máquina de escribir, revisita o seu pasado e a súa culpa por calar no canto de actuar. A través destas dúas voces, esta novela reflexiona sobre a memoria, a culpa colectiva, o silencio fronte ao abuso e a responsabilidade ética de contar. Unha indagación literaria sobre se escribir pode reparar o dano… ou só ser outra forma de fuxir.